mércores, 18 de novembro de 2020

REFORZANDO A NOSA PERSONALIDADE

A asociación Érguete en colaboración co concello de Arbo impartiu co alumnado de terceiro de Educación Primaria un marabillos obradoiros buscando o reforzo da personalidade, da toma de decisións,  a escoita activa ou o respecto polas opinións dos demais. Moitas grazas pola vosa colaboración!





Deixámosvos ademias unha breve información sobre os obradoiros que nos facilitaron dende a asociación Érguete.

martes, 27 de outubro de 2020

PINTANDO IGUALDADE...

 Despois de levar moito tempo con este proxecto a voltas por fin podemos dicir orgullosos que no CEIP Antonio Carpintero temos un precioso e colorido grafiti no patio!

Este non é un grafiti calquera, pois con el tratamos de recordar ao mundo que no noso cole a IGUALDADE salta á vista. Ano tras ano a educación en valores supon un piar fundamental do noso proxecto educativo e esta obra constitúe un elemento máis dentro do noso crebacabezas máis importante: axudar a formar ao alumnado para que a sociedade futura se sustente en valores tan importantes como a inclusión, a igualdade, o respecto...

Por suposto, non podemos (nin queremos) esquecernos daqueles que fixeron posibles este pequeno soño. Moitas grazas ao Concello de Arbo pola súa grandísima aportación e pola súa continua colaboración (sabedes que estamos infinitamente agradecidos e isto non sería posible sen vós). Moitas grazas tamén ao artista que plasmou marabillosamente as ideas que tiñamos en mente, graciñas Jose Ángel polas facilidades, a comprensión e a colaboración.

Soamente esperamos que vos guste tanto como a nós!



https://grafiteroeventos.es/

http://grafitimadrid.es/

domingo, 4 de outubro de 2020

CONTOS PARA A NOVA NORMALIDADE

A pesares das dificultades, no CEIP Antonio Carpintero seguimos "dándolle voltas ao coco" para facer actividades de animación á lectura. O pasado mércores día 30 de setembro, o compañeiro e contacontos Fran Guede estivo cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria facendo unha xornada de contacontos. Moitas grazas aos profes que participaron na organización, ao concello de Arbo pola súa colaboración, a Fran pola súa disposición e aos nenos e nenas pola conduta exemplar que tiveron.









venres, 26 de xuño de 2020

DESPEDIDAS ALUMNADO REFÓRZA-T 2020


DAMOS ASÍ A DESPEDIDA DO REFÓRZA-T A ESTE CURSO 2019-2020
BO VERÁN A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR 👏👌👍










xoves, 4 de xuño de 2020

VIDEO PRESENTACIÓN. CPI DA CAÑIZA

Dende o CPI da Cañiza dannos a benvida aos alumnos e alumnas que nos incorporaremos en setembro. Aquí tedes un pequeno video onde nos contan un pouquiño sobre os pequenos cambios que atoparemos nesta nova etapa. Moito ánimo e noraboa!



VIDEO PRESENTACIÓN IES PAZO DE MERCÉ (AS NEVES)

Dende o IES Pazo de Mercé dannos a benvida aos alumnos e alumnas que nos incorporaremos en setembro. Aquí tedes un pequeno video onde nos contan un pouquiño sobre os pequenos cambios que atoparemos nesta nova etapa. Moito ánimo e noraboa!



luns, 18 de maio de 2020

ACTIVIDADES DE SOGAMA PARA TRABALLAR A LINGUA GALEGA

☆Feliz Luns! Comezamos a 3ª semana de Maio achegándovos unha 
proposta interactiva de SOGAMA 
para traballar os diferentes usos da auga

Dirixido aos cursos de 3º a 6º