martes, 27 de outubro de 2020

PINTANDO IGUALDADE...

 Despois de levar moito tempo con este proxecto a voltas por fin podemos dicir orgullosos que no CEIP Antonio Carpintero temos un precioso e colorido grafiti no patio!

Este non é un grafiti calquera, pois con el tratamos de recordar ao mundo que no noso cole a IGUALDADE salta á vista. Ano tras ano a educación en valores supon un piar fundamental do noso proxecto educativo e esta obra constitúe un elemento máis dentro do noso crebacabezas máis importante: axudar a formar ao alumnado para que a sociedade futura se sustente en valores tan importantes como a inclusión, a igualdade, o respecto...

Por suposto, non podemos (nin queremos) esquecernos daqueles que fixeron posibles este pequeno soño. Moitas grazas ao Concello de Arbo pola súa grandísima aportación e pola súa continua colaboración (sabedes que estamos infinitamente agradecidos e isto non sería posible sen vós). Moitas grazas tamén ao artista que plasmou marabillosamente as ideas que tiñamos en mente, graciñas Jose Ángel polas facilidades, a comprensión e a colaboración.

Soamente esperamos que vos guste tanto como a nós!



https://grafiteroeventos.es/

http://grafitimadrid.es/

domingo, 4 de outubro de 2020

CONTOS PARA A NOVA NORMALIDADE

A pesares das dificultades, no CEIP Antonio Carpintero seguimos "dándolle voltas ao coco" para facer actividades de animación á lectura. O pasado mércores día 30 de setembro, o compañeiro e contacontos Fran Guede estivo cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria facendo unha xornada de contacontos. Moitas grazas aos profes que participaron na organización, ao concello de Arbo pola súa colaboración, a Fran pola súa disposición e aos nenos e nenas pola conduta exemplar que tiveron.