xoves, 19 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS PARA FACER NA CASA

Deixovos un enlace a unha WEB que nos da 50 ideas divertidas e económicas para pasar un bo rato na casa.




ALGUNHAS IDEAS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA

Deixo tamén unha web onde nos dan diferentes ideas para traballar con nenas e nenos de educación infantil, agardo que sexan de utilidade nestes días de confinamento.




mércores, 18 de marzo de 2020

AULASGALEGAS.ORG. RECURSOS APORTADOS POLO PROFESORADO

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debn ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Deixovos a continuación o enlace ao portal, onde poderedes atopar recursos de diferentes índole para continuar co proceso de aprendizaxe máis alá da situación que vivimos...





E QUE TAL SE FACEMOS UNHAS SOPAS DE LETRAS?

Para pasar un par de horas entretidos, aquí vos deixo acceso a unha web onde podedes descargar sopas de letras que farán as delicias de pequenos e maiores





NA REDE TEMOS MIL RECURSOS

Aquí vos deixo un ENLACE e unha web onde podedes atopar recursos para repasar unha morea de contidos das diferentes materias...Agardo que sexa de utilidade!





MANUALIDADES PARA NENOS

Imos a entreternos un pouco, e que mellor que facer unhas creativas manualidades? Aquí deixa algunha idea...

ACCESO ÁS MANUALIDADES