Departamento de Orientación do CEIP Antonio Carpintero (Arbo) orientación.antonio.carpintero@gmail.com Tfno:886110091
venres, 27 de marzo de 2020
CADERNILLOS DESCARGABLES DE ORTOGRAFÍA
Etiquetas:
Audición e Linguaxe,
Ortografía,
Recursos para repasar
xoves, 26 de marzo de 2020
ESTIMULAR A LINGUAXE NA CASA
Os nenos pasan a maior
parte do tempo coa familia e é por iso que a labor familiar SEMPRE é
fundamental para o desenvolvemento da linguaxe dos pequenos. Estes días, nos
que estamos moitas horas metidos na casa cobra maior importancia se cabe esta
labor de estimulación. Ao longo do día xorden gran número de situacións nas que
a través do xogo se pode desenvolver a linguaxe do neno.
Algúns aspectos a ter en
conta e actividades que podemos facer dende a casa para favorecer o
desenvolvemento do linguaxe poderían ser:
·
Seguir
a iniciativa do neno, non tentar dirixilos
máis da conta, o cal pode diminuír a iniciativa e os desexos de explorar
naturais no neno
·
Aproveitar ao máximo as situacións e o material da propia casa.
·
Fomentar o uso de preguntas de que? quen? como?
·
Xogar aos “adiviños”:
facer un ruído (animal, teléfono, deixar caer as chaves...) e que el o
identifique.
·
Lerlle
pequenos contos ou relatos infantís, comentando
despois diversos aspectos do mesmo (protagonistas, accións, escenarios...) e
que faga daquela unha recapitulación da historia (correctamente secuenciada).
·
Aproveitar que un membro da familia non presenciase unha
película, programa, etc. para que o neno llo conte.
·
Desmontar obxectos, máquinas, aparellos, xoguetes, etc. e
ir nomeando co neno cada unha das partes.
·
Esconder cousas e logo darlle pistas para que as atope
·
Xogar ao vexo,vexo..,
xogo dos contrarios, trabalinguas, adiviñas…
·
Mirar revistas, xornais ou libros co neno: ir pasando as
follas, nomeando todos os debuxos ou fotos que coñeza. Os maiores irán
achegando máis nomes, descoñecidos para o neno ou que non lembra e faranlle
preguntas sobre o que están a observar.
·
Utilizar unha linguaxe rica e precisa. Falarlle ao neno de acordo á súa idade
e fuxir do sobreproteccionismo, dos termos infantís, non responder por el e
deixar que se exprese libremente, ignorando o que nos trate de dicir utilizando
unicamente xestos ou sinalando.
·
Convén falar moito con el, preguntándolle polas súas
preferencias, amigos, actividades favoritas, como vai vestido... Os nenos aprenden moito por imitación,
por tanto cando fale co seu fillo, fágao amodo, pronunciado correctamente….
·
Cando o neno ou nena diga mal algunha palabra debemos corrixilos, principalmente
naqueles casos nos que sabemos que poden facelo correctamente. Se existe algún
problema de articulación non debemos presionar excesivamente.
·
Nos casos onde hai unha linguaxe moi sinxela debemos
pedir que use frases máis longas. (en lugar de pedir “auga” dirémoslle que digan “ por favor, dasme auga?”)
·
Debemos tamén facer fincapé nas “normas sociais” da
conversación: pedir por favor, dar a grazas, non interromper mentres os demais
falan...
Para calquera dúbida ou
recomendación poden chamar ao teléfono 886110091
ou escribir ao mail orientacion.antonio.carpintero@gmail.com
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Audición e Linguaxe,
Educación Infantil
martes, 24 de marzo de 2020
ALGÚNS RECURSOS MÁIS PARA TRABALLAR LINGUAXE...
Mari, a mestre de AL, recoméndanos un par de enderezos web para traballar diferentes aspectos da linguaxe...
"LA ISLA DE LAS LETRAS"
TRABALLAMOS ORTOGRAFÍA, MORFOSINTAXE, ORDEAR ORACIÓNS...
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Audición e Linguaxe,
Lectoescritura,
O Departamento de Orientación,
Ortografía
luns, 23 de marzo de 2020
XOGAMOS COAS TABLETS
Yolanda, a profe de PT deixanos unhas recomendacións con aplicacións moi divertidas para repasar dende o móbil ou a tablets...Así é todo moito máis sinxelo!!
- Entrena tu cerebro- juegos de habilidad visual.
Senior games
- Botones y tijeras. kyWorks
- Coche desbloqueo- Unblock car.mouse games
- Juego
memoria animales. Memory kids
- 4 en raya. Quarzo apps
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Atención,
Educación Infantil,
O Departamento de Orientación,
Pedagoxía Terapéutica,
Recursos para repasar
XOGOS DE MATEMÁTICAS E ORTOGRAFÍA
A profe de Pedagoxía Terapéutica tamén nos aporta materiais súper interesantes, neste caso uns enderezos web con xogos para traballar matemáticas e ortografía!
XOGOS DE ORTOGRAFÍA
XOGOS MATEMÁTICOS
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Matemáticas,
Ortografía,
Pedagoxía Terapéutica,
Recursos para repasar
domingo, 22 de marzo de 2020
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A LINGUAXE ORAL
Deixámosvos a continuación un enlace moi útil para traballar a linguaxe oral a través do xogo, e ollo! É válido para os diferentes niveis de Infantil e Primaria!!!!!
SEGUIMOS PRACTICANDO ARTICULACIÓIN
Deixo a continuación diferentes materiais para traballar a articulación de distintos sons que adoitan custar un pouquiño máis. Agora toca practicar na casa!
Ademais, tamén nos invita a visitar dúas páxinas web moooooi interesantes para traballar os diferentes ámbitos da linguaxe.
Ademais, tamén nos invita a visitar dúas páxinas web moooooi interesantes para traballar os diferentes ámbitos da linguaxe.
Etiquetas:
Audición e Linguaxe
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
A profe Mari, a nosa especialista en Audición e Linguaxe, mándanos uns divertidos cadernillos para facer exercicios de estimulación da linguaxe acompañados por Peppa Pig, Bob Esponxa e a Patrulla Canina!
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Audición e Linguaxe,
Educación Infantil
xoves, 19 de marzo de 2020
ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS PARA FACER NA CASA
Deixovos un enlace a unha WEB que nos da 50 ideas divertidas e económicas para pasar un bo rato na casa.
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Educación Infantil
ALGUNHAS IDEAS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA
Deixo tamén unha web onde nos dan diferentes ideas para traballar con nenas e nenos de educación infantil, agardo que sexan de utilidade nestes días de confinamento.
Etiquetas:
Aprendemos xogando,
Educación Infantil
mércores, 18 de marzo de 2020
AULASGALEGAS.ORG. RECURSOS APORTADOS POLO PROFESORADO
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debn ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Deixovos a continuación o enlace ao portal, onde poderedes atopar recursos de diferentes índole para continuar co proceso de aprendizaxe máis alá da situación que vivimos...
Deixovos a continuación o enlace ao portal, onde poderedes atopar recursos de diferentes índole para continuar co proceso de aprendizaxe máis alá da situación que vivimos...
Etiquetas:
Recursos para repasar
E QUE TAL SE FACEMOS UNHAS SOPAS DE LETRAS?
Para pasar un par de horas entretidos, aquí vos deixo acceso a unha web onde podedes descargar sopas de letras que farán as delicias de pequenos e maiores
Etiquetas:
Aprendemos xogando
NA REDE TEMOS MIL RECURSOS
Aquí vos deixo un ENLACE e unha web onde podedes atopar recursos para repasar unha morea de contidos das diferentes materias...Agardo que sexa de utilidade!
Etiquetas:
Recursos para repasar
MANUALIDADES PARA NENOS
Imos a entreternos un pouco, e que mellor que facer unhas creativas manualidades? Aquí deixa algunha idea...
ACCESO ÁS MANUALIDADES
ACCESO ÁS MANUALIDADES
Etiquetas:
Aprendemos xogando
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)