Os nenos pasan a maior
parte do tempo coa familia e é por iso que a labor familiar SEMPRE é
fundamental para o desenvolvemento da linguaxe dos pequenos. Estes días, nos
que estamos moitas horas metidos na casa cobra maior importancia se cabe esta
labor de estimulación. Ao longo do día xorden gran número de situacións nas que
a través do xogo se pode desenvolver a linguaxe do neno.
Algúns aspectos a ter en
conta e actividades que podemos facer dende a casa para favorecer o
desenvolvemento do linguaxe poderían ser:
·
Seguir
a iniciativa do neno, non tentar dirixilos
máis da conta, o cal pode diminuír a iniciativa e os desexos de explorar
naturais no neno
·
Aproveitar ao máximo as situacións e o material da propia casa.
·
Fomentar o uso de preguntas de que? quen? como?
·
Xogar aos “adiviños”:
facer un ruído (animal, teléfono, deixar caer as chaves...) e que el o
identifique.
·
Lerlle
pequenos contos ou relatos infantís, comentando
despois diversos aspectos do mesmo (protagonistas, accións, escenarios...) e
que faga daquela unha recapitulación da historia (correctamente secuenciada).
·
Aproveitar que un membro da familia non presenciase unha
película, programa, etc. para que o neno llo conte.
·
Desmontar obxectos, máquinas, aparellos, xoguetes, etc. e
ir nomeando co neno cada unha das partes.
·
Esconder cousas e logo darlle pistas para que as atope
·
Xogar ao vexo,vexo..,
xogo dos contrarios, trabalinguas, adiviñas…
·
Mirar revistas, xornais ou libros co neno: ir pasando as
follas, nomeando todos os debuxos ou fotos que coñeza. Os maiores irán
achegando máis nomes, descoñecidos para o neno ou que non lembra e faranlle
preguntas sobre o que están a observar.
·
Utilizar unha linguaxe rica e precisa. Falarlle ao neno de acordo á súa idade
e fuxir do sobreproteccionismo, dos termos infantís, non responder por el e
deixar que se exprese libremente, ignorando o que nos trate de dicir utilizando
unicamente xestos ou sinalando.
·
Convén falar moito con el, preguntándolle polas súas
preferencias, amigos, actividades favoritas, como vai vestido... Os nenos aprenden moito por imitación,
por tanto cando fale co seu fillo, fágao amodo, pronunciado correctamente….
·
Cando o neno ou nena diga mal algunha palabra debemos corrixilos, principalmente
naqueles casos nos que sabemos que poden facelo correctamente. Se existe algún
problema de articulación non debemos presionar excesivamente.
·
Nos casos onde hai unha linguaxe moi sinxela debemos
pedir que use frases máis longas. (en lugar de pedir “auga” dirémoslle que digan “ por favor, dasme auga?”)
·
Debemos tamén facer fincapé nas “normas sociais” da
conversación: pedir por favor, dar a grazas, non interromper mentres os demais
falan...
Para calquera dúbida ou
recomendación poden chamar ao teléfono 886110091
ou escribir ao mail orientacion.antonio.carpintero@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario