venres, 27 de marzo de 2020

CADERNILLOS DESCARGABLES DE ORTOGRAFÍA

Aquí vos deixo uns cadernillos gratuítos e descargables para traballar ortografía nos diferentes niveis de primaria!!


ACCESO AOS CADERNILLOS




xoves, 26 de marzo de 2020

ESTIMULAR A LINGUAXE NA CASA


Os nenos pasan a maior parte do tempo coa familia e é por iso que a labor familiar SEMPRE é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe dos pequenos. Estes días, nos que estamos moitas horas metidos na casa cobra maior importancia se cabe esta labor de estimulación. Ao longo do día xorden gran número de situacións nas que a través do xogo se pode desenvolver a linguaxe do neno.

Algúns aspectos a ter en conta e actividades que podemos facer dende a casa para favorecer o desenvolvemento do linguaxe poderían ser:
· Seguir a iniciativa do neno, non tentar dirixilos máis da conta, o cal pode diminuír a iniciativa e os desexos de explorar naturais no neno
· Aproveitar ao máximo as situacións e o material da propia casa.
· Fomentar o uso de preguntas de que? quen? como?
· Xogar aos “adiviños”: facer un ruído (animal, teléfono, deixar caer as chaves...) e que el o identifique.
· Lerlle pequenos contos ou relatos infantís, comentando despois diversos aspectos do mesmo (protagonistas, accións, escenarios...) e que faga daquela unha recapitulación da historia (correctamente secuenciada).
· Aproveitar que un membro da familia non presenciase unha película, programa, etc. para que o neno llo conte.
· Desmontar obxectos, máquinas, aparellos, xoguetes, etc. e ir nomeando co neno cada unha das partes.
· Esconder cousas e logo darlle pistas para que as atope
· Xogar ao vexo,vexo.., xogo dos contrarios, trabalinguas, adiviñas
· Mirar revistas, xornais ou libros co neno: ir pasando as follas, nomeando todos os debuxos ou fotos que coñeza. Os maiores irán achegando máis nomes, descoñecidos para o neno ou que non lembra e faranlle preguntas sobre o que están a observar.
· Utilizar unha linguaxe rica e precisa. Falarlle ao neno de acordo á súa idade e fuxir do sobreproteccionismo, dos termos infantís, non responder por el e deixar que se exprese libremente, ignorando o que nos trate de dicir utilizando unicamente xestos ou sinalando.
· Convén falar moito con el, preguntándolle polas súas preferencias, amigos, actividades favoritas, como vai vestido... Os nenos aprenden moito por imitación, por tanto cando fale co seu fillo, fágao amodo, pronunciado correctamente….
· Cando o neno ou nena diga mal algunha palabra debemos corrixilos, principalmente naqueles casos nos que sabemos que poden facelo correctamente. Se existe algún problema de articulación non debemos presionar excesivamente.
· Nos casos onde hai unha linguaxe moi sinxela debemos pedir que use frases máis longas. (en lugar de pedir “auga” dirémoslle que  digan “ por favor, dasme auga?”)

· Debemos tamén facer fincapé nas “normas sociais” da conversación: pedir por favor, dar a grazas, non interromper mentres os demais falan...

Para calquera dúbida ou recomendación poden chamar ao teléfono 886110091 ou escribir ao mail orientacion.antonio.carpintero@gmail.com


luns, 23 de marzo de 2020

XOGAMOS COAS TABLETS

Yolanda, a profe de PT deixanos unhas recomendacións con aplicacións moi divertidas para repasar dende o móbil ou a tablets...Así é todo moito máis sinxelo!!






  • Entrena tu cerebro- juegos de habilidad visual. Senior games
  • Botones y tijeras. kyWorks
  • Coche desbloqueo-  Unblock car.mouse games
  • Juego  memoria animales. Memory kids
  • 4 en raya. Quarzo apps


XOGOS DE MATEMÁTICAS E ORTOGRAFÍA



A profe de Pedagoxía Terapéutica tamén nos aporta materiais súper interesantes, neste caso uns enderezos web con xogos para traballar matemáticas e ortografía! 

XOGOS DE ORTOGRAFÍA






XOGOS MATEMÁTICOS





domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A LINGUAXE ORAL

Deixámosvos a continuación un enlace moi útil para traballar a linguaxe oral a través do xogo, e ollo! É válido para os diferentes niveis de Infantil e Primaria!!!!!



SEGUIMOS PRACTICANDO ARTICULACIÓIN

Deixo a continuación diferentes materiais para traballar a articulación de distintos sons que adoitan custar un pouquiño máis. Agora toca practicar na casa!
























Ademais, tamén nos invita a visitar dúas páxinas web moooooi interesantes para traballar os diferentes ámbitos da linguaxe.