QUE É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?
O Departamento de
Orientación DO) é un servicio educativo
do Centro para a orientación académica e persoal dos alumnos/as. O obxectivo
principal do DO é acadar a cooperación de toda a comunidade educativa para
lograr o desenvolvemento persoal, social e académico de todo o alumnado. En
base a isto, o DO pretende ser unha ferramenta máis para facilitar este
cometido de asesoramento, intervención e seguemento psicopedagóxico tanto no
profesorado coma no alumnado e nas familias
QUEN FORMA O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?
O Departamento de
Orientación está formado polos coordinadores dos diferentes ciclos e niveis do
centro, a mestras especialistas en Audición e Linguaxe e polo Orientador do
centro.
O ORIENTADOR
O orientador do
centro é a persoa responsable de dirixir e coordinar as diferentes accións
planificadas dende o núcleo do propio departamento. Entre as funcións
inherentes ao cargo están a planificación e seguimento da atención á
diversidade, a coordinación dos apoios ao alumnado con necesidades específicas
de apoio educativo, favorecer a relación e a comunicación cos diferentes
membros da comunidade ou realizar valoracións e asesorar ás familias, mestres e
alumnado.
COMO FUNCIONA?
O DO funciona principalmente a través dunha demanda por
parte dos pais, dos titores do centro ou do equipo directivo. Esta demanda
resolverase de diferentes formas, segundo a gravidade do caso: orientación
específica para o contexto familiar, orientación específica para o profesorado
da aula, avaliación psicopedagóxica, derivación ao Equipo de Orientación
Específico, derivación aos servizos sociais, educativos e sanitarios da zona ou
calquera outra decisión que se considere necesaria.
CON QUEN NOS COORDINAMOS?
A nivel interno o Departamento coordínase principalmente cos titores, co equipo
directivo, ANPA e órganos de coordinación docente existentes no noso centro.
A nivel externo o DO coordínase cos Centros de Educación
Secundaria da zona, servizos sociais do concello, asociacións e organismos
públicos ou privados e diferentes órganos e profesionais da contorna próxima.
Esta colaboración será recíproca, podendo poñerse en
contacto por ambas partes en calquera momento do curso.
CENTROS COMPARTIDOS E HORARIOS
O DO é compartido entre o CEIP Antonio Carpintero e o CEIP
Plurilingüe Manuel Sieiro. O orientador ten o seguinte horario:
- CEIP Antonio Carpintero: luns (9.30-14.30), martes (12.30-14.30 e 15.30-18.00), xoves (9.30-14.30) e venres (9.30-14.30)
- CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro: martes (9.35-11.35) e mércores (9.35-15.10)
No caso de que calquera familia queira facer uso deste
servizo de orientación poderá pedir cita no propio centro ou de xeito
telefónico (8861100091)
Ningún comentario:
Publicar un comentario