mércores, 28 de novembro de 2018

IMPORTANCIA DOS AVÓS NA INFANCIA

Deixovos un artigo sobre os avós, un elemento tan importante para os nenos cun rol diferente a día de hoxe.

IMPORTANCIA DOS AVÓS NA INFANCIA

Os avós son unha figura indispensable e moi importante o desenvolvemento e na vida dos nenos. Os avós xunto cos pais son as persoas que máis preto están dos nenos, e é un privilexio poder contar con eles á hora de educalos.
Nestes tempos cada vez son máis horas as que pasan cos avós, por tanto é imprescindible establecer límites, rutinas e e norma que permitan unha sana convivencia entre á educación dos pais e á dos avós. Para evitar estes conflitos facemos as seguintes recomendacións:

  1. Establecer límites que sexan cumpridos tanto por pais como por avós.
  2. Deseñar unha serie de rutinas e horarios respectados por ambas as partes.
  3. Confiar neles se foron capaces de educarche a ti porque non van educar aos teus fillos.
  4. Non cargar de horas aos avós cos netos, tamén se merecen un descanso.

Para os nenos a importancia dos avós vén dada polos seguintes factores:
  • Os avós poden actuar como árbitros en casos de conflito familiar entre pais e fillos.
  • Os avós transmiten valores propios da familia aos seus netos.
  • O fortalecemento do vínculo entre xeracións chega da man dos avós exercendo a súa influencia sobre os netos.
  •  Os netos teñen unha visión máis realista dos seus pais, xa que os avós fálanlles do que facían os seus fillos á súa idade.
  • Os netos senten cómodos nun ambiente onde poden expresarse e sen tantas obrigacións como teñen na súa casa en contraposición coa casa das súas

Ningún comentario:

Publicar un comentario