venres, 14 de decembro de 2018


ACTIVIDADES PARA A MELLORA DA ATENCIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

·        Realizar PUZZLES
É unha dinámica fácil de executar e que ademais manterá ao teu fillo concentrado e axudarao a desenvolver a súa intelixencia espacial: os crebacabezas, atraen a atención do neno desde principio a fin, pode ser que se levante un par de veces, pero logo regresará para terminar o que nalgún momento empezou.

·        Lectura de contos
Dinámica divertida que favorece a atención sostida. Pódese falar do conto, facer preguntas, pedirlle que che conte el/ela o conto a ti. Poderíanse establecer rutinas de lectura de contos a determinadas horas do día (despois de comer, antes de durmir…)

·        Separar elementos
Outra excelente dinámica é a separación de elementos, para iso debes reunir unha cantidade de obxectos con características diferentes: cor, tamaño e forma.
A tarefa que ten o neno é a de agrupar e clasificar os obxectos presentados segundo as súas características comúns. Isto axuda a que os nenos presten atención a cada unha das características dos grupos de obxectos e desenvolver a súa concentración, destreza e saúde mental.

·        Labirintos e mandalas
Outros dos exercicios que podes realizar na casa son os labirintos e mandalas sinxelos. Poderíase comezar facendo actividades moi grandes e manipulativas para posteriormente facelo sobre papel. As mandalas, ademais de axudar ao desenvolvemento da atención, poden ser unha boa alternativa para relaxar aos nenos.

·        Colorear sen espazos
outra opción é pedirlle ao teu fillo que coloree un debuxo sen deixar espazos en branco.Un adulto debe supervisar o exercicio porque o neno tenderá a desistir en finalizar o traballo

·        Intelixencia espacial (series)
Os exercicios de intelixencia espacial son sumamente positivos para exercitar a memoria e capacidade de concentración do teu fillo. A partir de imaxes con símbolos, cores…que sigan un patrón determinado, o neno deberá ordenar as figuras de acordo coa secuencia que veñen levando.
Poderíase tamén realizar series con obxectos, gomets ou colorear seguindo un determinado patrón

·        Xogos de mesa
Existen infinidade de xogos de mesa no mercado adaptados ás diferentes idades: dominós con imaxes, circuítos, xogos de observación…

·        Buscar semellanzas/diferenzas entre imaxes ou conxuntos
Buscar diferenzas entre dúas imaxes, localizar imaxes iguais ao modelo, ou buscar similitudes entre conxuntos constitúen un aprendizaxe específico e moi motivador para os nenos, podendo facelo a modo de xogo e acompañado dun adulto.

·        Memorys
Os xogos de memoria implicar un esforzo memorístico e atencional e adoitan ser moi divertidos. Existen infinidade de alternativas, tanto impresos como online con infinidade de temáticas.

·        Outras actividades favorecedoras
¾    Os deportes en equipo ou os xogos con outros nenos serán fundamentais para establecer normas e rutinas moi importantes tanto a nivel social como atencional
¾    xogo simbólico será fundamental para o desenvolvemento xeral do neno, i incluíndo a necesidade de desenvolver elementos cognitivos moi vinculados coa atención
¾    Tamén pode realizar actividades como natación, arte ou música.



Ningún comentario:

Publicar un comentario